Zidantas II
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Período de actividade | (Con vida en: século XV a. C. |
| Familia | |
| Cónxuxe | Iyaya |
| Pai | Hassuili |
Zidantas II foi un rei hitita que sucedeu a Hantilis II , sen que resulte moi clara a relación familiar entre estes dous reis. O seu reinado forma parte do chamado período escuro hitita (ou Reino Medio).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe sobre o seu goberno, agás que é probábel que houbese unha guerra entre o reino hitita e Kizzuwatna, segundo se pode deducir do tratado de paz que asinaron posteriormente ambos estados, e do que se conservaron fragmentos que demostran a relativa debilidade dos hititas durante o período escuro.
Zidantas II foi sucedido por Huzziyas II, cuxa relación con Zidantas é descoñecida.
| Hititas | ||
|---|---|---|
Segue a: Hantilis II |
Zidantas II (?-?) |
Precede a: Huzziyas II |