Zeya
Aparencia
Zeya / Mozhayets 2 | |
---|---|
Tipo | Científico / militar |
Organización | Academia militar Mozhaisky |
Destino actual | Reentrado na atmosfera terrestre.[1] |
Data de lanzamento | 4 de marzo de 1997, 2:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Start-1.2[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Svobodniy[3][6] |
Obxectivo da misión | Comunicacións e xeodesia.[3][6] |
Decaemento | 25 de outubro de 1999[1] |
NSSDC ID | 1997-010A |
Masa | 87,0 kg[3] |
Zeya, coñecido tamén como Mozhayets 2, foi un satélite artificial da Academia militar Mozhaisky lanzado o 4 de marzo de 1997 mediante un foguete Start-1.2 desde o cosmódromo de Svobodniy.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Zeya foi un satélite con fins educativos e con varios obxectivos. Foi nomeado polo río Zeya, próximo ao cosmódromo desde onde foi lanzado o satélite. Foi á súa vez a primeira nave lanzada por un foguete Start-1.2 e a primeira lanzada desde Svobodniy. A bordo levaba un equipo de radio afeccionado, un receptor GPS e outro GLONASS e un retrorreflector láser, co que foi usado para facer probas de comunicacións e experimentos xeodéticos. Zeya reentrou na atmosfera terrestre o 25 de outubro de 1999.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ZEYA" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 9 March 2000 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (00-52517). 24 de marzo de 2000: 1. Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (27 de abril de 2016). "Zeya" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Zeya (Mozhaets)" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Mozhayets 1, 2, 3, 4 (RS 16, 20, 22, Zeya / RVSN 40 / Sankt Petersburg 300)" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Zeya" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018.