Ya d'ar brezhoneg
A campaña Ya d'ar brezhoneg é unha iniciativa da Oficina da lingua bretoa (Ofis ar Brezhoneg en bretón e Office de la langue bretonne en francés) que pretende favorecer o desenvolvemento da lingua bretoa na lingua cotiá de tódolos bretóns. A campaña pode ser de dous tipos, que se mencionan a seguir.
Tipo 1
[editar | editar a fonte]Está destinada a organismos da sociedade civil: empresas, asociacións, ONG etc. A campaña lanzouse o 5 de outubro de 2001 en Carhaix, cando 177 organismos privados se xuntaron para asinar un acordo para desenvolver o uso do bretón no seu funcionamento cotián (sinalización, formación dos empregados, papeis oficiais). Entre estes primeiros asinantes, aparecen grandes organizacións (CMB, cámaras de comercio e industria), artesáns, clubs deportivos etc. A finais de 2008, a campaña contaba con 635 asinantes, a metade deles empresas.
Tipo 2
[editar | editar a fonte]Está destinada a colectividades territoriais (concellos ou communes). Para que os concellos da Bretaña se adhiran á campaña proponse realizar unha lista de 40 accións. Foi lanzada nunha reunión en Pontivy o 22 de decembro de 2004, onde se presentaron dez concellos, cuxos responsables (élus) se amosaron dispostos a realizar polo menos cinco accións escolleitas de entre as 28 que propuña a campaña daquela. A finais de 2008, esta carta contaba con 91 concellos asinantes.