Saltar ao contido

Xosé Pena Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Pena Pena
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1902 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Membro de

Xosé Pena Pena, nado o 19 de outubro de 1902, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre nacional e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio fundador e numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 9 de febreiro de 1924 co traballo "A ponte de Vidán", que foi publicado o ano seguinte na revista Nós.[1] Alistado no Rexemento de Infantaría de Zaragoza número 12, foi ascendido sarxento en outubro de 1924,[2] e a suboficial en abril de 1925.[3]Foi elixido secretario do Colexio oficial de doutores e licenciados en Ciencias e Letras do distrito universitario de Santiago de Compostela, en xaneiro de 1927.[4]

Foi profesor axudante da Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Instituto de Ribadeo e catedrático de Xeografía e Historia do Instituto de Elx.[5] Coa derrota da República foi depurado, sendo suspendido de emprego e soldo por un ano, con traslado forzoso fóra da provincia, prohibición de solicitar cargos vacantes durante cinco anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.[6]

  1. El Compostelano, 27-11-1925, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 3-10-1924, p. 3.
  3. El Compostelano, 21-4-1925, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 25-1-1927, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 19-4-1935, p. 6.
  6. BOE, 11-2-1941, p. 980.