Saltar ao contido

World News Now

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

World News Now
Formato Información
Duración 90 minutos (de luns a venres)
Creado por Roone Arledge
Presentado por Rob Nelson
Vinita Nair
Cadea ABC
Día da estrea 6 de xaneiro de 1992

Na rede
IMDB: tt0171925 TV.com: shows/world-news-now
Facebook: ABCWorldNewsNow Twitter: abcWNN Instagram: abcwnn Editar o valor en Wikidata

World News Now (WNN) é un programa informativo que emite de madrugada a ABC, cun ton festeiro, irreverente e humorístico, entre os seus presentadores estiveron Thalia Assuras, Aaron Brown, Kevin Newman, Alison Stewart, Liz Cho ou Anderson Cooper. O programa emítese ás 1:30 a. m. en tres segmentos de media hora, cunha duración total de hora e media de luns a venres, aínda que moitas estacións locais emiten só parte do programa mentres que cobren o resto con programación local. O mesmo equipo produce America This Morning que se emite ás 4:00 a.m. O programa inclúe informes de correpondentes de ABC NewsOne ou repetidos de World News, tamén se dá a información do tempo para todos os Estados Unidos e reportaxes de Nightline ou da BBC.