Wikipedia:Como doar materiais
Aparencia
Esta páxina está desactualizada. A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
A doazón de imaxes, documentos e calquera outro tipo de arquivos é a única solución para incorporar á Wikipedia materiais que están suxeitos a dereitos de autor.
A doazón é un procedemento sinxelo, tan só hai que enviar un correo electrónico, pero deben terse en conta os seguintes elementos esenciais:
- O doante debe ter todos os dereitos sobre o material. Non se pode doar un material que non é dun. Tampouco se pode doar un material que foi propiedade dun, pero que posteriormente foi cedido parcial ou totalmente a outro xestor[1].
- O doante, ou os intermediarios que sexan necesarios, deben comunicarlle esa doazón ao OTRS, a estrutura que se encarga de xestionar os correos recibidos pola Fundación Wikimedia e que é tamén responsable de atender á xestión dos permisos e doazóns. É recomendable tamén que se xunte o correo enviado inicialmente dende a Galipedia ao autor solicitando a doazón, se é que este existe.
- Nese correo de cesión debe quedar claro, de forma inequívoca, que é o autor e propietario de todos os dereitos, e mais a licenza específica á que se quere acoller. Frases como "permiso para a Wikipedia" ou "poden reusar o material", etc. non son licenzas aceptables.
- Son campos imprescindibles dese correo: obra en concreto, licenza escollida, data e titular dos dereitos.
Envío do correo
[editar a fonte]O correo ten que enviarse a:
Notas
[editar a fonte]- ↑ Por exemplo, un pintor cede os dereitos dun cadro que está nunha exposición, pero a foto que chega á Wikipedia dese cadro foi feita por outra persoa que non cedeu os dereitos. Nese caso, non se podería admitir o material.
Véxase tamén
[editar a fonte]Outros artigos
[editar a fonte]- OTRS na Wikimedia Commons
- Modelo de mensaxe na Wikimedia Commons, este modelo de correo electrónico serve para que o autor dunha obra ceda os seus dereitos cunha licenza libre