Wikipedia:Artigo destacado/novembro 2005
Aparencia
Albert Einstein (14 de marzo, 1879 - 18 de abril, 1955) foi un físico e matemático alemán (nacionalizado despois estadounidense) que propuxo a teoría da relatividade, entre outras. Fixo outras importantes contribucións ó desenvolvemento da mecánica cuántica, mecánica estatística e cosmoloxía, á parte doutras menores áreas, e é tido en xeral como o físico máis importante do século XX. Foille concedido o Premio Nobel en Física no 1921 pola súa explicación do efecto fotoeléctrico e "polo seu servizo á Física teórica".