Saltar ao contido

Wado-ryu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wado-ryu (kanji: 和道流, hiragana: わどうりゅう) é un estilo de karate, creado polo mestre xaponés Hironori Otsuka, en 1932, que é unha evolución da forma primitiva do estilo Shotokan na cal son engadidas moitas técnicas do estilo Yoshin-ryu, de Jujutsu. O estilo foi creado por causa da diverxencia entre os puntos de vista de mestre Gichin Funakoshi e de Hironori Otsuka. Por causa da súa orixe, acostúmase dicir que o Wado-ryu é o estilo de karate con maiores características xaponesas, pois o creador xa era un recoñecido mestre de jujutsu.[1]

A denominaçom do estilo significa "camiño da paz", en razón dos kanji usados: "wa" (paz) e "dō" (camiño). O estilo se diferencia dos outros por causa da énfase nos movementos esquivos e nas técnicas de proxección, que son máis comúns no jujutsu e no aikido.[2]

* Kata Orixe Creador
1 Kihon kata Shotokan Descoñecido
2 Pinan shodan Shorin-ryu Anko Itosu
3 Pinan nidan Shorin-ryu Anko Itosu
4 Pinan sandan Shorin-ryu Anko Itosu
5 Pinan yondan Shorin-ryu Anko Itosu
6 Pinan godan Shorin-ryu Anko Itosu
7 Naihanchi Shorin-ryu Lau Lai Anan
8 Seishan Shorei Descoñecido
9 Kushanku Shorin-ryu Kushanku
10 Chinto Shorin-ryu Lau Lai Anan
11 Bassai Shorin-ryu Descoñecido
12 Rohai Shorin Kosaku Matsumora
13 Wanshu Shorin Wang ji
14 Niseishi Shorei-ryu Descoñecido
15 Jion Shorin-ryu Descoñecido
16 Jitte Shorin-ryu Descoñecido
  1. "Wadô-Ryu Karatê-Do Renmei do Brasil" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  2. Cody, Mark Edward (2008). AutorHouse, ed. Wado Ryu Karate/Jujutsu (en inglés). Bloomington. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.