Víctor Gulías Vicioso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 |
Morte | 28 de marzo de 2007 (44/45 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
- Para o profesor e investigador véxase Víctor Gulías.
Víctor Gulías Vicioso, nado en San Juan de la Maguana en 1962 e finado en Santo Domingo o 28 de marzo de 2007, foi un xornalista dominicano e galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do emigrante galego Víctor Gulías Ferreiro, criouse na localidade de Azua. Notable xornalista dominicano, era columnista do xornal Hoy. Director de prensa no consulado dominicano en Porto Rico e posteriormente director de comunicación na mesma oficina, foi xefe de prensa da asociación supramunicipal Liga Municipal Dominicana. En 2007 asumiu o cargo de ser xefe de prensa da candidatura do político Amable Aristy á presidencia da República Dominicana, que finalmente foi derrotado en 2008 por Leonel Fernández.
Faleceu asasinado logo de recibir 32 coiteladas. Entre as causas do crime baralláronse motivos sentimentais e de roubo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Matan al periodista Víctor Gulías". Hoy Digital (en castelán). 2007-03-30. Consultado o 2020-04-22.