Saltar ao contido

Vida celular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A vida celular é a vida dotada de células. O sentido habitual do termo "vida" implica que un organismo ten ou ben unha estrutura unicelular ou ben unha estrutura multicelular. Aínda así, o adxectivo "celular" implica a existencia de vida terrestre "non celular". Este punto de vista inclúe frecuentemente a clasificación dos virus como formas de vida.

Características

[editar | editar a fonte]

Á hora de falar dos dominios da vida, ás veces utilízase o termo Cytota como o nome dun reino (ou superreino), dominio ou imperio, para distingir a vida celular da vida non celular (denominada Acytota). Estas serían as dúas únicas subdivisións da vida terrestre, tamén coñecida como organismos terrestres, Biota, Naturae ou Vitae.

O debate sobre a posibilidade que a vida sexa celular e non celular intensificouse recentemente debido ao descubrimento o ano 2003 que o Mimivirus é moi grande, ten xenes para centenares de proteínas e pode fabricar algunhas proteínas que están implicadas na síntese doutras proteínas. Este descubrimento suxeriu a algúns virólogos e bacteriólogos que debería haber un cuarto dominio da vida, un dominio vírico, ademais dos dominios celulares das arqueobacterias, as bacterias e os eucariotas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]