Emeraude
Aparencia
(Redirección desde «VE-121»)
Emeraude, tamén denominado VE-121, foi un foguete francés de probas construído en base á experiencia cos foguetes Veronique e Vesta. Foi o predecesor do foguete Saphir, que daría lugar ao primeiro lanzador orbital francés, Diamant A. Alimentado por ácido nítrico e turpentina, era capaz de levar 395 kg de carga nunha traxectoria suborbital ata 200 km de altura. O motor, de 275 kN de impulso, funcionaba durante 91 segundos. O foguete tiña unha masa de 18.200 kg, unha altura de 17,93 m e un diámetro de 1,4 m.[1][2]
Lanzáronse un total de cinco Emeraude entre 1964 e 1965, cos tres primeiros acabando en fracaso.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Emeraude VE121" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Emeraude" (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2020.