Vício (EP)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vício
EP de Manu Gavassi
Data de edición:
Lanzamento: 11 de decembro de 2015
Datas de gravación: 2015
Estudio(s) de gravación:
Duración: 19 minutos
Xénero musical: Synthpop
Selo discográfico: Angorá Music
Producido por: Junior Lima · Dudinha
Cronoloxía
Clichê Adolescente Vício '

Vício é o nome do primeiro EP da cantora e actriz brasileira Manu Gavassi. Foi lanzado o día 11 de decembro de 2015 polo selo Angorá Music.

Características[editar | editar a fonte]

No seu novo traballo, Manu Gavassi contou coa produción do músico Junior Lima, cun estilo synthpop, totalmente diferente dos seus traballos anteriores pop-rock. O primeiro sinxelo do EP foi a canción "Camiseta", que foi divulgada no iTunes e en todas as plataformas dixitais o día 13 de novembro de 2015. O videoclip da canción foi lanzada na plataforma Vevo o día 17 de novembro dese mesmo ano.[1][2] O 4 de xaneiro de 2016, Manu lanzou o videoclip do seu segundo sinxelo do EP, "Direção" na plataforma Vevo, contando coa colaboración do actor Rafael Vitti, onde os dous fan escenas eróticas no vídeo.[3]

Cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Camiseta"   03:34
2. "Vício"   03:25
3. "Direção"   03:48
4. "Farsa"   03:43
5. "Sozinha"   03:53
19:00

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Portal MTV. "Manu Gavassi lança "Camiseta" primeira amostra de seu novo EP". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 04 de xaneiro de 2016. 
  2. EGO. "Manu Gavassi lança EP com presença de famosos como Ágatha Moreira". Consultado o 04 de xaneiro de 2016. 
  3. Portal EGO. "Manu Gavassi sobre clipe sensual com Rafael Vitti "Beija muito bem"". Consultado o 04 de xaneiro de 2016.