Usuario:Piquito/Salvador de Madariaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O secretario xeral e o presidente da conferencia quedaron tan impresionados que lle ofreceron un posto na oficina de prensa da Secretaría da Sociedade de Nacións. A súa brillantez e o seu coñecemento de idiomas leváronlle, en decembro de 1922, a ser xefe do Departamento de Desarme da Sociedade de Nacións, cargo que ocuparía ata 1927. En 1931, o goberno provisional da República designouno embaixador de España nos Estados Unidos e delegado permanente na Sociedade de Nacións, un cargo que exerceu durante cinco anos. Entre 1932 e 1934 compaxinou o seu cargo na Sociedade de Nacións co de embaixador en Francia. En 1933 foi elixido deputado, sendo Ministro de Educación e Ministro de Xustiza. En xullo de 1936, como liberal que era, exiliouse no Reino Unido ante o estalido da Guerra Civil Española. Alí converteuse nun opositor á ditadura franquista, organizando todo tipo de campañas en contra do ditador. Foi un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa en Bruxas, Bélxica.

En 1962 participou, con outros moitos españois, en congreso do Movemento Europeo en Múnic, que o réxime franquista denominou o Contubernio de Múnic.

Polo que se refire á súa carreira como escritor, escribiu libros sobre Don Quixote, Cristovo Colón e a historia de América Latina. Escribiu en francés e alemán así como en castelán e inglés.

Militou en prol dunha Europa unida e integrada. En 1973 gañou o premio Carlomagno polas súas contribucións á idea europea e á paz europea. Trala morte de Franco, en 1976 volveu a España. Asumindo formalmente a súa cadeira na Real Academia Española, electo en 1936, ao dar lectura do seu discurso de ingreso. A Fundación Europea Madariaga (creada en 1998 a iniciativa de antigos alumnos do Colexio Europa) tomou o seu nome en memoria súa, promovendo a súa visión dunha Europa unida traballando en prol dun mundo máis pacífico.