Usuario:Bea
DIAGNÓSTICO CLÍNICO DAS INTOXICACIÓNS: ANAMNESE, SÍNTOMAS E SIGNOS
As intoxicacións son un conxunto de signos e síntomas producidos pola acción dun tóxico (calquer axente capaz de producir unha resposta adversa ou incluso a morte sobre un sistema biolóxico) introducido no organismo humano.
Hai tres tipos de intoxicacións:
- Accidentais
- Voluntarias
- Homicidas
Para facelo o diagnóstico dunha intoxicación hai que ter en conta dous casos:
- 1. Que o individuo estea vivo.
- 2. Que o individuo estea morto.
Cando o individuo está vivo o diagnóstico comprende:
- • Anamnese (historia clínica)
- • Exploración física
- • Exploracións complementarias
ANAMNESE
A anamnese é a base do diagnóstico no 95% das intoxicacións. A maioría dos pacentes que sofren unha intoxicación están conscentes e cando son atendidos polo médico revelan a súa historia sobre o contacto co producto tóxico; sen embargo a miúdo, tras unha inxesta voluntaria de fármacos, os enfermos non lembran que substancias inxeriron, néganse a decilo ou minten ó ser interrogados sobre esta cuestión.
Xeralmente o máis difícil é precisar a dose de tóxico inxerida, tanto polos factores que acabamos de citar como polos intentos de chamar a atención ou de restarlle importancia ó asunto. Por iso, a información referente ó tipo e á cantidade de substancia tóxica debe tomarse sémpre con certas reservas. Deberíase precisar tamén o tempo transcurrido dende a inxesta, xa que ese intervalo inflúe na posta en práctica dalgúns tratamentos.
Cando o pacente está inconsciente, a anamnese debe realizarse cos familiares, amigos ou compañeiros de traballo; é decir, cos que compartiron co paciente as últimas horas de aparente normalidade. No caso de non obter ningún tipo de información, deberase investigar a súa residencia habitual e o lugar donde se atopou o paciente, na busca de fármacos, drogas de abuso ou outras susbtancias potencialmente tóxicas.
A exploración física permite establecer unha hipótese diagnóstica e axuda a calibrala gravidade dunha intoxicación.
Entre as exploracións complementarias de importancia diagnóstica que se poden practicar a un intoxicado destacan:
- • Analítica xeral: o hematocrito, a glicemia, a creatinina, o ionograma e o equilibrio ácido-base constitúen os cinco parámetros dos que se debe dispor para evaluar e tratar calquer intoxicación clínicamente grave; a estes deben engadirse outros (gasometría arterial, calcemia…)en función dunha determinada sospeita diagnóstica.
- • Analítica toxicolóxica
- • Analítica radiolóxica
- Radioloxía do tórax: ten interese nos intoxicados con gases ou vapores irritantes, nos que presentan signos ou síntomas de insuficiencia respiratoria e en tódolos casos de intoxicacións graves.
- Radiografía do abdomen: ten un interese máis limitado, excepto na inxesta de caústicos, pero permite confirmala inxesta de substancias radio-opacas (ferro, bismuto…)
SÍNTOMAS E SIGNOS
Os síntomas predominantes nas intoxicacións son:
- DIXESTIVAS
- 1. Dor e ulceración da cavidade bucal (por ácidos ou alcálise). Non se pode facer lavado gástrico.
- 2. Sialorrea (produción de saliva excesiva), típico das intoxicacións por pesticidas.
- 3. Sequedade da boca polos anticolinérxicos.
- 4. Náuseas e vómitos polos opiáceos.
- 5. Dor abdominal e diarrea.
- 6. Hipoperistaltismo abdominal polos opiáceos
- 7. Icteria: moi característica das intoxicacións por paracetamol; o problema é que tarda dous días en aparecer. Cando hai icteria a intoxicación é irreversible.
- SISTEMA NERVIOSO
- 1. Inestabilidade e vértigo.
- 2. Coma (en función da gravidade da intoxicación)
- 3. Alteracións dos reflexos pola cocaína e as anfetaminas.
- 4. Convulsións polos simpaticomiméticos ou por situacións de hipoxia.
- 5. Delirios e alucinacións polas anfetaminas, LSD…
- OCULARES
- 1. Visión borrosa.
- 2. Pérdida de visión polo metanol.
- 3. Cambios pupilares:
- • Pupilas pequenas: síndrome de abstinencia.
- • Unha pupila grande e outra pequena: lesión cerebral
- 4. Papiledema (típico das intoxicacións por metanol). Ocorre antes da cegueira.
- RESPIRATORIOS
- 1. Tos, expectoración, estertores e disnea producidos polos gases por vía inhalatoria.
- 2. Hipoventilación por substancias depresoras.
- 3. Hiperventilación por substancias estimulantes e intoxicación por salicilatos que poden acabar coa morte do intoxicado.
- 4. Edema pulmonar non cardioxénico pola intoxicación con opiáceos. Podemos observar no paciente espuma saíndo pola boca.
- CARDIOVASCULARES
- 1. Taquicardia.
- 2. Bradicardia polos beta-bloqueantes.
- 3. Arritmias polos antidepresivos tricíclicos.
- 4. Hipotensión e hipertensión.
- CUTÁNEAS
- 1. Evidencias de drogadicción (señais de venopunción)
- 2. Cianosis
- 3. Ver se hai sinais de autolesión previa (cortes por suicidio)
BIBLIOGRAFÍA
- • http://www.mailxmail.com/curso-intoxicacion/definicion-diagnostico
- • Libro: Toxicología clínica ; Editorial: Springer- Verlag Ibérica
- • Anotaciones de clase