Trímetro
Aparencia
Un trímetro[1] é un tipo de verso da métrica grecolatina que consta de tres metros, frecuentemente utilizado en obras carácter cómico e satírico.
A súa variante máis coñecida é o trímetro iámbico, formado por tres metros iámbicos. Outra modalidade é o trímetro iámbico coliambo, ou 'coxo', que se diferencia do anterior en que a penúltima sílaba sempre é longa e o anceps anterior é a miúdo tamén longa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trímetro.