Saltar ao contido

Toxinas de insectos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toxinas de insectos
Estrutura de ADO1, unha toxina extraída da saliva dun insecto asasino, o Agriosphodrus dohrni.[1]
Identificadores
Símbolo?
PfamPF08117
InterProIPR012325
PROSITEPDOC60010
OPM superfamily112
OPM protein1lmr

As toxinas de insectos son varias toxinas de proteína producidas por diferentes especies de insecto. A familia dos redúvidos é unha das meirandes e máis morfoloxicamente diversas familias de insectos que se alimentan de grilos, eirugas e outros insectos. Algunhas especies de redúvidos son parasitos chuchadores de sangue dos mamíferos, que mesmo se alimentan de humanos. Pódense atopar habitualmente en gran parte do mundo e o seu tamaño varía desde uns poucos milímetros ata 3 ou 4 centímetros. A saliva tóxica dos redúvidos depredadores contén unha complexa mestura de péptidos pequenos e grandes para usos diversos, como inmobilizar e predixerir as súas presas, así como a defensa contra competidores e depredadores. As toxinas de insectos redúvidos son pequenos péptidos con conectividade disulfuro que teñen como obxectivo as canles iónicass. Son relativamente homólogos aos bloqueadores de canles de calcio omega-conotoxinas dos caracois cónicos mariños e pertencen á clase estrutural de cisteína de catro asas.[2][3]

Unha destas pequenas proteínas, Ptu1, bloquea reversiblemente as canles de calcio de tipo N, pero ao mesmo tempo é menos específica para as canles de calcio de tipo L ou P/Q.[2] Ptu1 ten 34 residuos de aminoácidos e está entrecruzado por 3 pontes disulfuro. Ptu1 contén unha rexión de folla beta formada por 2 febras beta antiparalelas e consiste nun núcleo compacto unido por disulfuro do que saen catro bucles, así como os extremos N e C-terminais.[3] Algunhas toxinas dos insectos redúvidos están listadas a continuación:

  • Agriosphodrus dohrni toxina Ado1.
  • Isyndus obscurus toxina Iob1.
  • Peirates turpis toxina Ptu1.
  1. Bernard C, Corzo G, Adachi-Akahane S, et al. (febreiro de 2004). "Solution structure of ADO1, a toxin extracted from the saliva of the assassin bug, Agriosphodrus dohrni". Proteins 54 (2): 195–205. PMID 14696181. doi:10.1002/prot.10513. 
  2. 2,0 2,1 Nakajima T, Corzo G, Nagao T, Kusui Y, Adachi-Akahane S (2001). "Novel peptides from assassin bugs (Hemiptera: Reduviidae): isolation, chemical and biological characterization". FEBS Lett. 499 (3): 256–261. PMID 11423127. doi:10.1016/S0014-5793(01)02558-3. 
  3. 3,0 3,1 Darbon H, Mosbah A, Nakajima T, Bernard C, Corzo G (2001). "Solution structure of Ptu1, a toxin from the assassin bug Peirates turpis that blocks the voltage-sensitive calcium channel N-type". Biochemistry 40 (43): 12795–12800. PMID 11669615. doi:10.1021/bi015537j.