Tiracroios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tirapedras")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tiracroios.

Un tiracroios,[1] tamén chamado tirapedras,[2] tiracoios[3] ou tiratacos,[4] é unha pequena arma portátil que se emprega para lanzar proxectís. A forma clásica está formado por un marco xeralmente de madeira ou ferro en forma de Y (termado na man non dominante), dispón de dúas ligas grosas de caucho atadas ás puntas superiores. As ligas sosteñen unha base de coiro, tea ou plástico, chamada badana, onde se sitúa o proxectil a tirar. A man dominante toma o proxectil a través da base, estirándoo tanto como se desexe para proporcionar potencia ó proxectil.

Emprego militar[editar | editar a fonte]

Os tiracroios poden ser usados como armas militares, principalmente por forzas de guerrilla polos poucos recursos e tecnoloxía que se precisan para construír un. Entre os grupos de guerrilla que o empregaron está o Irish Republican Army. Antes da invasión de Iraq de 2003, Saddam Hussein lanzou vídeos de propaganda amosando os tiracroios como posible arma da insurxencia e para loitar contra as forzas invasoras.[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiracroios.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tirapedras.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiracoios.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiratacos.
  5. Shane, Scott (24 de novembro de 2006). "In Video, Hussein Uses Slingshots and Bows to Rally Iraqis for War". The New York Times. Consultado o 21 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]