Tino Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaTino Álvarez
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Faustino Álvarez Pena, nado en Mugardos o 27 de outubro de 1947, é un músico e cantante galego, máis coñecido como Tino Álvarez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou nos estaleiros da ría de Ferrol até comezos da década de 1990. Nese tempo participou activamente no movemento sindical nacionalista. Ao longo desta etapa, cursou estudos universitarios en Santiago de Compostela e Alcalá de Henares. É socio fundador dunha sociedade mercantil adicada ao campo do asesoramento.

Exerceu, un tempo, a dirección no progarma de Escolas Obradoiro, así como a dirección na empresa privada.

No ano 1969, da man de Vicente Araguas, toma contacto con Voces Ceibes. En Nadal dese ano participou nun festival en Mugardos. En xullo de 1970, despois de participar en diferentes concertos, entre eles Ribadeo e Perlío (Fene), deixou de tocar. Retomou as actuacións en 1976, e deixouno de forma definitiva en setembro do 1981 tras unha actuación en Neda.