That Certain Summer
Aparencia
That Certain Summer é un telefilme norteamericano de 1972 dirixido por Lamont Johnson, con guión de Richard Levinson e William Link e producida por Universal Televisión, emitiuse o 1 de novembro de 1972 no espazo ABC Movie of the Week. Burton Wohl publicou unha novelización do filme.
Protagonizada por Hal Holbrook, Martin Sheen, Scott Jacoby, Hope Lange e Joe Don Baker, foi o primeiro filme comercial en tratar a homosexualidade sen prexuízos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michael Karol "The ABC Movie of the Week Companion: A Loving Tribute to the Classic Series", páxina 51