Saltar ao contido

Teoría do equilibrio cambiante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dunha paisaxe de fitness. As frechas indican a fluxo preferido dunha poboación na paisaxe. A bóla vermella indica unha poboación que se move desde un val adaptativo á parte superior do pico. Baixo un réxime estrito de selección natural (que xeralmentre actúa para incrementar a fitness na poboación), non é posible para a poboación no pico A chegar ao pico B porque isto require descender a un val adaptativo. A teoría do equilibrio cambiante trata de explicar como isto pode ser posible.

A teoría do equilibrio cambiante (shifting balance theory) é unha teoría da evolución proposta en 1932 por Sewall Wright, que suxire que a evolución adaptativa pode avanzar máis rapidamente cando unha poboación se divide en subpoboacións cun fluxo xénico restrinxido. O nome da teoría tomouse da metáfora de Wright das paisaxes de fitness (paisaxes evolutivas), que trataba de explicar como unha poboación pode moverse a través dun val adaptativo a un pico adaptativo máis alto. Segundo esta teoría, este movemento ocorre en tres pasos:

  1. A deriva xenética permite unha subpoboación adaptada localmente para moverse a través dun val adaptativo á base ou a un pico adaptativo máis alto.
  2. A selección natural move a subpoboación a un pico máis alto.
  3. Esta nova subpoboación adaptada superiormente pode despois expandir o seu rango e vencer na competencia ou hibridarse con outras subpoboacións, causando que se espallen novas adaptacións e o movemento da poboación global cara a un novo pico de fitness.

Aínda que esta teoría foi moi influente en bioloxía evolutiva, e inspirou as teorías da evolución cuántica e o equilibrio interrompido (ou puntuado),[1] existen poucas probas empíricas que apoien que o proceso de equilibrio cambiante é un factor importante en evolución, e non todos os biólogos a aceptan.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wade, M.J.; Goodnight, C.J. 1998. Perspective: the theories of Fisher and Wright in the context of metapopulations: when nature does many small experiments. Evolution 52(6): 1537-1553.
  • Wright, S. 1931. Evolution in Mendelian populations. Genetics 16:97-159.
  • Wright, S. 1932. The roles of mutation, inbreeding, crossbreeding and selection in evolution. Proceedings of the 6th International Congress of Genetics: 356-366.
  • Wright, S.W. 1948. On the roles of directed and random changes in gene frequency in the genetics of populations. Evolution 2(4):279-294.
  • Wright, S.W. 1982. The shifting balance theory and macroevolution. Annual Review of Genetics 16: 1-19.