Conversa:Ite
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Alguén está cambiou o que puxen de Illas Casetérides por Illas Casitérides. ¿De que maneira se di en galego? Eu mireino dun libro en galego e poñíao en como Illas Casetérides. Asdo: o autor do artigo
- Nunca vin escrito Casetérides. De feito, a única referéncia se se procura en Google é leva a un artigo do Rincón del Vago. Pode ser unha errata dese libro. Xosé (✉) 21:24, 7 maio 2006 (UTC)
das illas casitérides
[editar a fonte]Ola, Ith, Son Servando2, fun eu quen cambiou o de Casetérides por Casitérides. Nunca vira escrito este nome como Casetérides e por iso o cambiei pola forma en -i-, que é a etimolóxica, pois deriva do grego Kassitérides, que deriva de kassíteros, o nome grego do estaño. Un saúdo.
OK. Pode ter razón o tal Xosé, pode ser unha errata do libro por intentar galeguizar esa palabra. Creo que se chama hiperenxebrismo. Bueno, saúdos e gracias por corrixilo. O AUTOR
Non corresponde co artigo en portugués
[editar a fonte]O artigo que se puxo en portugués como outra lingua para este artigo non é corresponde con este, pois nese artigo fala dunha divinidade celta. Propoño que se saque como artigo igual en portugués e que se cambie o título do meu artigo por "Ith, caudillo celta", ou algo polo estilo. Que o faga outra persoa, pois eu non sei cambiar os títulos ós artigos. --User:Tinsiño 11:51, 14 maio 2006 (UTC)
- Retirei o interwiki, foi un erro meu, non é preciso mover o artigo polo interwiki. Por exemplo, en alemán con ese nome aparece unha cidade. Saúdos. --Prevert(talk) 11:58, 14 maio 2006 (UTC)
- Neste caso está errado o artigo en portugués. Obviamente non coñecen o Leabhar Ghabhála Érenn, que é a referencia mitolóxica. Quen redixiu ese artigo puxo deus en vez de heroi ou caudillo. Correxirei-lle-lo esta tarde. O noso está ben e debe ficar asi, penso eu. Xosé (✉) 12:41, 14 maio 2006 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ith. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20180304081449/http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-10644.pdf á ligazón http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-10644.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2019 ás 13:25 (UTC)