Saltar ao contido

Síndrome do niño baleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A síndrome do niño baleiro é unha sensación xeral de soidade que os pais ou outros titores poden experimentar cando un ou máis dos seus fillos abandonan o fogar. Non é unha condición clínica.[1] Aínda que é máis común nas mulleres,[1] pode ocorrer en ámbolos dous sexos. O matrimonio dun fillo ou filla pode provocar sentimentos semellantes, xa que o papel e influencia dos pais a miúdo se volve menos importante que o do novo cónxuxe.

Un lazo maternal ou paternal forte entre un ou ambos os pais e o seu fillo pode empeorar esta condición. O papel dun pai cando o fillo aínda vive con eles é máis inmediato e próximo ca o que é posible cando viven en diferentes fogares, particularmente se a distancia física entre un e outro significa unha maior dificultade para visitarse.

  1. 1,0 1,1 Mayo Clinic (ed.). "Empty nest syndrome: Tips for coping". Consultado o 9 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]