Síndic de Greuges da Comunidade Valenciana
O Síndic de Greuges de la Comunitat Valenciana (en galego: Síndico de Agravios do País Valenciano) é o defensor do pobo do País Valenciano, unha das institucións da Generalitat Valenciana que foi recollida polo Estatuto de Autonomía de 1982. A súa creación e funcionamento articúlase a través da Llei de la Generalitat Valenciana, 11/1988, e do Reglament d'Organització i Funcionament del Sindic de Greuges.
Para poder ser elixido Síndic de Greuges hase de contar co apoio de, polo menos, dous terzos dos deputados das Cortes Valencianas. A elección faise para un período de cinco anos, podendo ser reelixido.
A principal función do Síndic de Greuges é velar polo cumprimento e respecto dos dereitos e liberdades dos cidadáns fronte a Administración do País Valenciano.
Persoeiros que ocuparon o cargo
[editar | editar a fonte]Síndic | Inicio | Fin |
---|---|---|
Arturo Lizón Giner | 21 de xullo de 1993 | 28 de xullo de 1998 |
Luis Fernando Saura Martínez | 2 de setembro de 1998 | 26 de outubro de 2000 |
Bernardo del Rosal Blasco | 4 de abril de 2001 | 8 de abril de 2006 |
Emilia Caballero Álvarez | 9 de abril de 2006 | Actualidade |