Suur Munamägi
Aparencia
Suur Munamägi é o punto máis alto de Estonia e dos países Bálticos, malia ter unha altitude de 318 metros sobre o nivel do mar.[1] Atópase no sueste do país, ó sur do concello de Haanja, no condado de Võru. O seu nome quere dicir 'o grande outeiro do ovo'. A paisaxe arredor do cumio está composta por outeiros. Preto do cumio a rocha inferior vólvese impermeable dando lugar a pequenos lagos.
Sobre o pico foi construído unha torre de observación de 29,1 m.[2] á que se pode subir pagando un importe. A primeira torre de observación foi construída arredor do ano 1816 por Friedrich Georg Wilhelm von Struve como un vértice xeodésico. Dende o seu cumio pódense observar panorámicas de rexións rusas e letoas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maa-amet, Eesti põhikaart, consultado o 14 de outubro de 2017
- ↑ "Ajalugu" (en estoniano). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2019. Consultado o 11 de outubro de 2017.
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |