SpaceShipTwo
SpaceShipTwo é un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites derivado do SpaceShipOne.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]A SpaceShipTwo, derivad da SpaceShipOne e propiedade de Virgin Galactic, lánzase desde a aeronave White Knight 2 e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido. Na cabina presurizada hai espazo para dous pilotos e seis pasaxeiros. A nave está deseñada para facer voos turísticos suborbitais ata o límite onde comeza o espazo. Para a reentrada as súas alas inclínanse cara a arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as ás volven á configuración inicial, como nunha aeronave convencional. Construíronse dúas SpaceShipTwo: a VSS Enterprise (destruída durante un voo) e a VSS Unity. Esta última levou a cabo o primeiro voo comercial de Virgin Galactic o 11 de xullo de 2021.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo | Data | Resultado | Notas |
---|---|---|---|
1 | 29 de abril de 2013 | Éxito | VSS Enterprise. Altura de 16,8 km, velocidade de 1,2 Mach. |
2 | 5 de setembro de 2013 | Éxito | VSS Enterprise. Altura de 21,0 km, velocidade de 1,43 Mach. |
3 | 10 de xaneiro de 2014 | Éxito | VSS Enterprise. Altura de 21,6 km, velocidade de 1,4 Mach. |
4 | 31 de outubro de 2014 | Fallo | VSS Enterprise. O mecanismo de inclinación das ás púxose en marcha durante o voo propulsado, destruindo a aeronave e
causando a morte dun dos pilotos e graves feridas ao outro. |
5 | 5 de abril de 2018 | Éxito | VSS Unity. Altura de 25,7 km, velocidade de 1,87 Mach. |
6 | 29 de maio de 2018 | Éxito | VSS Unity. Altura de 34,9 km, velocidade de 1,9 Mach. |
7 | 26 de xullo de 2018 | Éxito | VSS Unity. Altura de 52,0 km, velocidade de 2,47 Mach. |
8 | 13 de decembro de 2018 | Éxito | VSS Unity. Altura de 82,0 km, velocidade de 3 Mach. |
9 | 22 de febreiro de 2019 | Éxito | VSS Unity. Altura de 89,9 km, velocidade de 3 Mach. |
10 | 12 de decembro de 2020 | Fallo | Voo abortado por problemas co motor. A nave regresou planeando. |
11 | 22 de maio de 2021 | Éxito | VSS Unity. Altura de 89,2 km. |
12 | 11 de xullo de 2021 | Éxito | VSS Unity. Primeiro voo comercial. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "SpaceShip Two" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SpaceShipTwo (SS2)" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SpaceShipTwo |