Soiuz 10
Soiuz 10 | |
---|---|
Parche da misión | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 22 de abril de 1971, 23:54 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 1,99 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 1.[2][6] |
Regreso | 24 de abril de 1971[1][6] |
NSSDC ID | 1971-034A |
Masa | 6525,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 10 foi o nome da primeira misión espacial tripulada enviada cara a unha estación espacial, a Saliut 1. Foi lanzada o 22 de abril de 1971 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Soiuz 10 foi acoplarse coa primeira estación espacial da Historia, a Saliut 1, lanzada só tres días antes. A bordo da cápsula ían o comandante Vladimir Aleksandrovich Shatalov, o enxeñeiro de voo Aleksei Ieliseiev e o enxeñeiro de sistemas Nikolai Rukavishnikov. A nave era unha Soiuz 7KT-OK.[2][3][4][5]
Despois do lanzamento a Soiuz 10 manobrou durante 24 horas para igualar a súa órbita coa da Saliut 1, que á súa vez manobrou para achegarse á Soiuz. Os sistemas automáticos deixaron as naves a 180 m de distancia unha da outra. O sistema de acoplamento automático fallou, deixando como única opción o acoplamento manual. Os cosmonautas atoparon a manobra manual dificultosa comparada co acoplamento entre dúas naves Soiuz: a Saliut, coa súa maior masa e coa súa falta de manobrabilidade, resultou ser un obxectivo máis esquivo. Análises posteriores mostraron ademais que a instrumentación a bordo da Soiuz era insuficiente para un acoplamento manual cómodo e normal. De tódolos xeitos a tripulación conseguiu finalmente acoplarse ao porto da Saliut, aínda que non conseguiron un acoplamento duro. Toda a manobra de acoplamento foi grabada por cámaras de televisión situadas no exterior da Soiuz. Finalmente os cosmonautas non puideron entrar na estación debido a problemas no zapón interno da súa propia nave. A Saliut 1 e a Soiuz 10 permaneceron unidas durante 5 horas e 30 minutos antes de desacoplarse, non sen antes ter que intentalo varias veces debido ao acoplamento defectuoso. A Soiuz manobrou arredor da estación para tomar fotos e inspeccionala. A misión regresou a terra a noite do 24 de abril, converténdose tamén na primeira cápsula tripulada en facer un regreso nocturno. Durante a aterraxe, que tivo lugar a entre 80 e 100 km ao suroeste da cidade de Karaganda, o aire no interior da cápsula volvuse tóxico e Rukavishnikov acabou inconsciente, sen máis consecuencias.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 10 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 25 May 1971 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (71-11758). 8 de xuño de 1971: 4. Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 10, 11 (7KT-OK)" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 10" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2017.