Sociedad Hispano-Marroquí de Transportes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Sociedad Hispano-Marroquí de Transportes (Hisma) foi unha empresa fantasma constituída en Tetuán o 31 de xullo de 1936, controlada polo Partido Nazi tiña como finalidade servir de camuflaxe ao tráfico de armas cara ao bando franquista durante a guerra civil española. O seu labor foi fundamental na operación para transferir unha parte do exército de África á Península Ibérica, tamén organizou o primeiro continxente alemán no bando franquista. As axudas de Hitler a Franco, que recibía Hisma eran compensadas por medio de exportacións a través doutra empresa ficticia alemá creada por orde de Hermann Göring, Rowak (Rohstoff und Wareneinkaufgesellschaft)