Snowpiercer (serie de televisión)
Snowpiercer | |
---|---|
Formato |
|
Creado por | Josh Friedman Graeme Manson |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Bear McCreary |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 30 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | 44–51 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TNT |
Primeiro episodio | 17 de maio de 2020 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.tntdrama.com/snowpiercer e https://www.amc.com/shows/snowpiercer--1068354 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Snowpiercer é unha serie de televisión estadounidense estreada en TNT o 17 de maio de 2020. Baséase tanto no filme surcoreano de 2013 Snowpiercer, dirixido por Bong Joon-ho, e na novela gráfica francesa de 1982 Le Transperceneige, a partir da cal se creou o filme, obra de Jacques Lob, Benjamin Legrand e Jean-Marc Rochette.
A serie, un reboot do filme, conta a historia dos pasaxeiros do Snowpiercer, un xigantestco tren perpetuamente en movemento que circula toda a terra transportando os restos da humanidade sete anos despois de que todo o planeta se conxelase converténdose nun hermo sen vida. A serie trata sobre a loita de clases, a inxustiza social e a política da supervivencia. Daveed Diggs e Jennifer Connelly son os protagonistas, xunto con Mickey Sumner, Annalise Basso, Sasha Frolova, Alison Wright, Benjamin Haigh, Roberto Urbina, Katie McGuinness, Susan Park, Lena Hall, Sheila Vand, Sam Otto, Iddo Goldberg e Jaylin Fletcher como secundarios. Rowan Blanchard, Steven Ogg e Sean Bean uníronse ó elenco na segunda tempada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 15 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)