Small Planet Airlines
Small Planet Airlines | ||
---|---|---|
IATA S5 | OACI LLC | Indicativo SMALL PLANET |
Fundación | 2007 (como FlyLAL Charters) | |
Inicio das operacións | 2008 | |
Subsidiarias | Small Planet Airlines (Alemaña) Small Planet Airlines (Polonia) | |
Frota | 9 | |
Holding | Small Planet Group | |
Páxina web: http://smallplanet.aero/ |
Small Planet Airlines é unha aeroliña de vacacións baseada no aeroporto de Vilnius. A compañía ten ademais bases por toda Europa. É subsidiaria de Small Planet Group, que tamén é dona doutras aeroliñas irmás.
Historia
[editar | editar a fonte]A aeroliña fundouse como FlyLAL Charters o 14 de marzo de 2007. En outubro de 2008 recibiu a súa licenza para operar e comezou a realizar voos de pasaxeiros. No ano 2009 fundouse a súa subsidiaria flyLAL Charter Eesti co obxectivo de proporcionar operacións chárter dende e cara Estonia. En decembro do mesmo ano creouse outra compañía, flyLAL Charters PL, para poñer en funcionamento voos dende varios aeroportos en Polonia.
En 2010 autorizaron a FlyLAL Charters a realizar voos regulares cara Grecia, España, Italia e outros países. No mes de xullo a aeroliña foi rebautizada como Small Planet Airlines. Durante os anos 2009 e 2010 FlyLAL Charters transportou uns 400 000 pasaxeiros; en 2012 Small Planet Airlines aumentara esa cantidade ata os 700 000.
En abril de 2013 Small Planet Airlines anunciou a compra do 99,5% das accións de Small Planet Airlines UAB (Lituania) e Small Planet Airlines Sp. z o. o. (Polonia) que tiña Avia Solutions Group. Tras a transacción Small Planet Airlines era propiedade de Vytautas Kaikaris e Andrius Staniulis, os direcctores da compañía.[1] En 2014 creouse a compañía nai Small Planet Group para facerse con Small Planet Airlines de Lituania e Polonia. Small Planet Group UAB ten o 100% das accións de Small Planet Airlines UAB e o 90% de Small Planet Airlines Sp. z o. o.[2] A compañía nai controla o 100% de UAB Small Planet Airlines, o 100% de Small Planet Airlines Sp. z o. o., o 80% of Small Planet Airlines GmbH (Alemaña) e o 49% de Small Planet Airlines (Tailandia).
En decembro de 2014 Small Planet Airlines fundou unha aeroliñaen Tailandia coa intención de asegurar un certificado de operador local e comezar a realizar voos internacionais dende Tailandia a China e Corea do Sur. En 2015 a compañía entrou no mercado alemán coa incorporación de Small Planet Airlines GmbH.
En setembro de 2015 a compañía anunciou que durante os seguintes cinco invernos varios avións, e tripulacións de voo, serían transferidos ao sueste asiático para operar dende Siem Reap, en Camboxa, cara China, Corea do Sur e Vietnam no nome da compañía camboxana SKYANGKOR.[3]
Durante a tempada de inverno de 2016 varios avións e tripulacións estiveron baseados na India e Arabia Saudita operando no nome de aeroliñas locais. Na India voaron para GoAir e en Arabia Saudita para Flynas.[4]
Frota
[editar | editar a fonte]En setembro de 2017 a frota de Small Planet Airlines está formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 9 | — | 180 | ||
Total | 9 | — |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Air Transport World (ed.). "Management acquires Small Planet Airlines". Consultado o 10 de novembro de 2017.
- ↑ JCtrans.net (ed.). "Small Planet prepares for its next stage by organising itself as a Group". Consultado o 10 de novembro de 2017.
- ↑ Small Planet (ed.). "Small Planet Airlines and Sky Angkor to cooperate in Cambodia". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017.
- ↑ Aviator (ed.). "Small Planet Airlines strengthens its presence in Asia". Consultado o 10 de novembro de 2017.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Small Planet Airlines". Consultado o 10 de novembro de 2017.