Pobo silesiano
Aparencia
(Redirección desde «Silesianos»)
Pobo silesiano | |
---|---|
Muller silesiana co traxe rexional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 900 000 | |
Rexións principais: | |
Polonia | 847 000[1] |
República Checa | 21 556[2] |
Alemaña | Descoñecido |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua silesiana, polaco e alemán |
Relixión | Maioría católica e minoría luterana |
Grupos relacionados | Polacos, sorabos, eslovacos e outros pobos eslavos |
Os silesianos[3] (en silesiano: Ślůnzoki; alemán silesiano: Schläsinger; en polaco: Ślązacy; en checo: Slezané; en alemán: Schlesier) son un grupo étnico que habita en Silesia, unha rexión histórica de Europa Central, dividida entre Polonia, Alemaña e a República Checa. Este grupo etnolingüístico está estreitamente relacionado cos polacos e a súa lingua tamén está relacionada co polaco. Como resultado da influencia alemá, a cultura silesiana ten moitos trazos xermánicos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Przynależność narodowo-etniczna ludności – wyniki spisu ludności i mieszkań 2011. GUS. Materiał na konferencję prasową w dniu 29. 01. 2013. p. 3.
- ↑ Tab. 614a Obyvatelstvo podle věku, národnosti a pohlaví - Český statistický úřad
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para silesiano.
- ↑ P. Eberhardt, Ethnic Groups and Population Changes in Twentieth-century Central-Eastern Europe: History, Data, and Analysis, M.E. Sharpe, 2003, p. 166, ISBN 0765618338, 9780765618337 Google books