Sicose
Aparencia
Sicose | |
---|---|
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A sicose[1], do grego σῦκον, figo, é a forma máis profunda da foliculite. A diferenza da ostiumfoliculitis, afecta máis profundamente ao folículo piloso. O seu axente causal habitual está en bacterias do xénero Staphylococcus. Maniféstase por pápula e pústulas vermellas arredor do folículo, aínda que non adoita deixar cicatriz. Pode ter un curso crónico.
Afecta principalmente á barba, polo que é coñecida tamén coma sicose da barba ou prúrigo do barbeiro (sicosis vulgaris), aínda que pode afectar aos folículos do pescozo (sicosis nuchae).[Cómpre referencia] A forma crónica e que deixa marcas denomínase sicose lupoide.[2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Sicose.
- ↑ Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina (en castelán) (26ª ed.). Interamericana - W.B. Saunders. ISBN 84-7605-223-5.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |