Saltar ao contido

Selena Rocky Malone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSelena Rocky Malone
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Australia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 2017 Editar o valor en Wikidata
Rockhampton Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de motocicleta Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAborixes australianos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitos LGBT Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata

Selena "Rocky" Malone, finada en Rockhampton o 22 de maio de 2017, foi unha activista LGBT nativa australiana, con base en Brisbane.[1][2] Foi coordinadora e directora do Open Doors Youth Service (en galego, Servizo de Xuventude de Portas Abertas), e unha das fundadoras de IndigiLez, unha organización que traballa para apoiar ós aborixes LGBTQI e ós insulares do Estreito de Torres. Polo o seu activismo LGBTQI recibiu varios premios, e foi nomeada polo xuíz do Tribunal supremo de Queensland, Michael Kirby, como unha parte importante do movemento LGBTQI de Queensland.

Activismo político

[editar | editar a fonte]

Malone comezou a súa implicación coas causas aborixes e LGBTI como Axente de Cooperación Aborixe e LGBTI dentro do Servizo de Policía de Queensland.[1] Estaba implicada en varias partes da comunidade de LGBTI australiana, incluíndo grupos comunitarios como PFLAG, Dykes on Bikes e a LGBTI Health Alliance (en galego, Alianza de Saúde do LGBTI). Foi unha das fundadoras de IndigiLez, unha organización que traballa para apoiar ós aborixes illados e ós insulares do Estreito de Torres na comunidade LGBTI.[3][2]

Durante varios anos, tamén formou parte do comité de xestión do Servizo Legal LGBTI.[4] No momento da súa morte, era a Directora Xeral e coordinadora do Open Doors Youth Service, unha organización que traballa en favor da xuventude LGBTI en risco.[5][1] Como tal, era unha parte importante da comunidade de LGBTI en Brisbane e Queensland.[6][7] Debido ao seu compromiso no Open Doors Youth Service, conseguiu o premio para o Mellor Servizo Comunitario no Festival do Orgullo de Brisbane. Tamén recibiu o premio para "Logro da Vida" postumamente no mesmo festival do Orgullo en 2017.[8]

Malone foi eloxiada polo seu activismo polas causas LGBTQI en varias ocasións.[2] En 2016, no Tribunal Supremo de Queensland, o ex-xuíz Michael Kirby nomeou a Malone especificamente cando enxalzou o traballo do Servizo Legal LGBTI.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Fóra da escena política, Malone era xogadora activa da rugby league, e participou tanto con equipos rexionais como estatais, antes de ter que retirarse debido a unha lesión no seu xeonllo.[1]

Malone faleceu en maio de 2017, a causa dun accidente cunha motocicleta en Rockhampton, Australia.[1]

  1. 1 2 3 4 5 "ABORIGINAL LGBTI ACTIVIST "ROCKY" PASSES AWAY".
  2. 1 2 3 "Remembering Indigenous LGBTIQ Activist Rocky Malone, One Year On". Q News. 2018.
  3. "Annual Report 2008/2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021.
  4. "Lesbian Gay Bisexual Trans Intersex Legal Service Inc. Annual Report 2017". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021.
  5. "WITH THE RETURN OF CIVIL UNIONS, WHERE TO NOW FOR LGBTI RIGHTS IN QUEENSLAND?". 17 de decembro de 2015.
  6. "CC under pressure to axe Pride Festival funding". 2 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021.
  7. "Telstra Grant Open Doors to Technology". decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2023. Consultado o 18 de marzo de 2021.
  8. "THE QUEEN'S BALL, BRISBANE". 3 de xullo de 2017.
  9. "Selena "Rocky" Malone".