Nino Mirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Saturnino Mirón Gutiérrez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nino Mirón
Nacementoséculo XX
 Ribadeva
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Saturnino Mirón Gutiérrez, máis coñecido como Nino Mirón, nado en La Franca (Ribadeva), é un empresario galego da construción inmobiliaria.

traxectoria[editar | editar a fonte]

É presidente do grupo empresarial Nino Mirón, fundado en 1984. Abrangue as empresas Nino Mirón y Xiabre, S.L. (construtora), Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., Provipo, S.L. e Joaquín Costa 18, S.L. (promotoras), Gestvedra, S.L. (hostalaría), e Ibersolar Inversiones S.L. (participada).

É afeccionado ao ciclismo e foi presidente do Pontevedra CF entre 2001 e xaneiro de 2011. En xuño de 2007 converteuse en propietario do equipo ao facerse máximo accionista na conversión en Sociedade Anónima Deportiva, co 52 % das accións.

O 5 de abril do ano 2016 a Garda Civil identificouno como presunto autor dun roubo no seu propio chalé de Sanxenxo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.