Santo Cristo de Laza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Festa do Santo Cristo (Laza)

No concello de Laza, ó sur provincia de Ourense, celébrase o primeiro fin de semana do mes de maio a Festa do Santo Cristo, o patrón da vila.Trátase dunha celebración relixiosa, aínda que porde ter unha orixe pagá.  A festa representa a loita entre os mouros e cristiáns e os seus protagonistas son os danzantes, Eva, Abrahán e Isaac.

A Eva[editar | editar a fonte]

A Eva é unha moza nativa da aldea que debe mostrar durante a celebración un tipo recatado mantendo a postura e sen acceder co mínimo xesto ás pretensións do Adán. O nome da elixida gárdase nun rigoroso segredo. Antes todas as mozas da aldea tiñan unha norma que debían cumprir todas si ou si; consistía en que mentres non chegue a hora da saída da Eva tiñan que manterse ocultas para que a xente non deducira quen podía ser. Dicíase que á moza que lle toca o papel de Eva casaría ao ano seguinte; isto debeuse cumprir anos atrás, pero a día de hoxe non é algo que ocorra.

A vestimenta da Eva é de gala, o traxe dela semella o dunha noiva recuberto de encaixes e tamén conta con xoias e alfaias. Cunha man manexa unha roca coa que vai fiando o liño, mentres na outra porta un cesto con mazás. Ofreceralle a mazá ó Adán, símbolo de pecado.A día de hoxe o traxe segue sendo o mesmo deseño.

Os danzantes[editar | editar a fonte]

Os danzantes son seis mozos da aldea. Van vestidos con pantalón,medias e camisa brancas, faixa vermella, gravata e unha banda azul. Antano estaba composta polas cores da bandeira española; coa recuperación da banda azul artéllanselle as da galega. Cada mozo leva unhas castañolas agás os dous primeiros danzantes (algo parecido aos capitáns) que soamente levan unha porque teñen que suxeitar na outra man a espada, arma coa que representarán a batalla entre mouros e cristiáns.

Os danzantes interpretan en diversos lugares a danza da Santa Cruz nas súas distintas versións. Comenzan coa saída da Eva e remantan coa da súa entrega,ambas as dúas na Picota (Praza do pobo).

O Abrahán e Isaac[editar | editar a fonte]

O Abrahán ten barbas longas e leva unha túnica bordada e engalanada, tamén porta unha aixada ao lombo que lembra a condena do Xénese. O Isaac é un rapaz de non máis 10 anos cunha túnica menos pomposa e máis arabesca. O anxo é unha nena tamén de curta idade vestida cunha túnica branca e ás.

Estes tres personaxes representan o sacrifico de Isaac. O acto represéntase na Praza da Picota onde se detería a procesión do Santo Cristo para darlle paso. O pregoeiro recita solemnemente a historia bíblica da proba á que Abrahán foi sometido por Iavé ao exisirlle o sacrificio do seu unixénito fillo.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

B,C,Xesús. (2000). Laza; O entroido enxebre. Ourense: Deputación Provincial de Ourense.

Referencias[editar | editar a fonte]

http://www.laza.info/laza/?page_id=2725 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.