Salustiano Vidal Lores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salustiano Vidal Lores
Nacemento4 de febreiro de 1850
 Cambados
Falecemento8 de xuño de 1930
 Fefiñáns
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosJuan Eugenio Vidal Fraga
editar datos en Wikidata ]

Salustiano Vidal Lores, nado en Fefiñáns (Cambados) o 4 de febreiro de 1850 e finado no mesmo concello o 8 de xuño de 1930, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Vidal Fraga e Mercedes Lores Berta. Emigrou moi novo a Arxentina onde amansou un considerábel capital. Retornou a Galicia cara a 1885 e mercou o pazo de Caticovas en Nogueira e unha casa na vila de Cambados. Foi nomeado alcalde de Cambados. En 1909 foi elixido alcalde de Meis.[1] Tivo a oposición dos agrarios encabezados por Ramón Salgado Pérez que o acusaron de actividades caciquís. Coa chegada da ditadura de Primo de Rivera cesou no cargo.

Predecesor:
?
 Escudo de Cambados.svg
Alcalde de Cambados
 
? - ?
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 Escudo de Meis.svg
Alcalde de Meis
 
1908 - 1923
Sucesor:
?


Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias con Matilde Oubiñas Preciado na Arxentina, e logo de enviuvar en 1895 volveu casar en 1900 con Encarnación Fraga Padín, filla de Eugenio Fraga Mascató, e foi pai de Carmelo Antonio e Juan Eugenio Vidal Fraga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 13-7-1909, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 197–198. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]