Space Tracking and Surveillance System

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «STSS 2»)
Representación dun STSS en órbita.

Space Tracking and Surveillance System, coñecidos tamén pola súa sigla de STSS, e anteriormente coñecidos como SBIRS-Low, foron dous satélites de alerta temperá dos Estados Unidos compoñentes na órbita baixa do programa SBIRS-High.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

STSS, xunto co resto de compoñentes de SBIRS-High, sustituían ao Defense Support Program de alerta temperá de lanzamento de mísiles balísticos intercontinentais. Dispoñían de sensores no espectro visible e infravermello para a detección e seguimento de mísiles balísticos en calquera fase do voo, para o cal dispoñían dun instrumento específico para detección e outro separado para seguimento. Os dous satélites STSS, contruídos por Northrop Grumman Space Technology, cada un cunha masa duns 1000 kg e alimentados por paneis solares, foron lanzados mediante un foguete Delta 7920 o 25 de setembro de 2009. Estaban en órbitas duns 1300 km de altura e 58° de inclinación orbital. Foron retirados do servizo a finais de 2021 debido a que xa non tiñan combustible para manter a súa misión e a que foron substituídos por satélites máis avanzados.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2024). "STSS" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "STSS 1, 2" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]