Saltar ao contido

SMS Frauenlob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SMS Frauenlob

O SMS Frauenlob
Historial
Estaleiro AG Weser, Bremen
Clase Gazelle
Tipo cruceiro lixeiro
Posta en grella 1901
Botado 22 de marzo de 1902
Asignado 17 de febreiro de 1903
Destino afundido durante a batalla de Xutlandia o 31 de maio de 1916
Características xerais
Desprazamento 3.158 t
Eslora 105 m
Manga 12,4 m
Calado 4,99 m
Blindaxe de 20 a 25 mm na cuberta
Armamento 10 canóns SK L/40 de 105 mm
2 tubos de torpedos de 450 mm

O SMS Frauenlob foi o oitavo membro dos dez cruceiros lixeiros da clase Gazelle, construído pola Mariña Imperial alemá. Foi fabricado nos estaleiros AG Weser de Bremen, posto na grella en 1901, botado en marzo de 1902, e asignado á Hochseeflotte en febreiro de 1903. Armado cunha batería principal de 10 canóns de 105 mm e dous tubos de torpedos de 450 mm, o Frauenlob era capaz de acadar unha velocidade máxima de 21,5 nós (39,8 km/h).

O Frauenlob pasou toda a súa carreira nas forzas de recoñecemento da Hochseeflotte. Durante a primeira guerra mundial participou na batalla de Helgoland en agosto de 1914, onde foi gravemente danado polo cruceiro británico HMS Arethusa, e na batalla de Xutlandia o 31 de maio de 1916. Alí, nun caótico enfrontamento nocturno, o Frauenlob foi golpeado por un torpedo lanzado polo HMS Southampton, que causou que o buque afundise coa meirande parte da súa tripulación. Os restos foron descubertos no ano 2000 en moi boas condicións, sentado en vertical sobre o fondo mariño.