SACI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SACI 1»)

SACI (SAtélite CIentífico) foi unha serie de dous satélites artificiais do Brasil lanzados en 1999.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites SACI foron dous satélites científicos do Brasil duns 60 kg de masa para estudar as burbullas do campo xeomagnético, a luminiscencia atmosférica e os fluxos anómalos de raios cósmicos. Tamén pretendían ser demostradores tecnolóxicos. Alimentábanse mediante catro paneis solares despregables.[1][2][3]

SACI 1 foi lanzado o 14 de outubro de 1999 a bordo un foguete CZ-4B e perdeuse contacto con el pouco despois de ser lanzado. SACI 2 foi lanzado o 11 de decembro de 1999 pero non chegou a órbita por problemas co seu foguete lanzador, un VLS-1.[1][2][3]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
SACI 1 14 de outubro de 1999 CZ-4B Éxito
SACI 2 11 de decembro de 1999 VLS-1 Fallo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2021). "SACI" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SACI 1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SACI 2" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]