Rosa Norström
Aparencia
Retrato de Rosa Norström | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Rosa Christina Strokirk 13 de novembro de 1860 |
Morte | 24 de maio de 1944 (83 anos) Estocolmo Suecia |
País de nacionalidade | Sueca |
Educación | Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades |
Q89547790 | Dirección do Gabinete Numismático Real. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Theodor Strokirk |
Rosa Christina Norström (de solteira Rosa Christina Strokirk), nada o 13 de novembro de 1830 e finada o 24 de maio de 1944 en Estocolmo, foi unha numismática sueca.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rosa Norström era filla do tamén numismático Wilhelm Theodor Strokirk.[3] En 1899 foi contratada pola Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades (Vitterhetsakademin), entidade que naquela época acollía o Gabinete Numismático Real de Suecia (Kungliga Myntkabinettet). En 1903 accedeu á presidencia do Gabinete Numismático e exerceu este cargo probablemente ata 1915, cando Bror Schnittger tomou o relevo no posto.[1][2]
Foi membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca desde 1911.[4]
Estivo casada con Nils Vilhelm Emanuel Norström, finado en 1897.[5]
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (1906): "Myntfynd från Bösarps kyrkogård" [Achado monetario no cemiterio de Bösarp]. En Fornvännen. Páxinas 191-195.
- (1907): "Romerskt myntfynd från Sigdes i Burs socken" [Achado de moeda romana de Sigdes en Burs]. En Fornvännen. Páxinas 202-203.
- (1913): "Två intressanta kopparmynt" [Dúas moedas de cobre interesantes]. En Numismatiska meddelanden. Sociedade Numismática Sueca. XX. Páxina 96.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Högberg, T. (1961).
- ↑ 2,0 2,1 Grundberg, M.; Hegardt, J. et al. (2015). Páxina 45.
- ↑ "Strokirk, Wilhelm Theodor". AntikABC.dk
- ↑ "SNF:s korresponderande ledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "Rosa Christina Norström (nacida Strokirk), 1860 - 1944". Myheritage.es
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Högberg, T. (1961). Svenska numismatiker under fyra sekler. Gotemburgo. Högbergs mynthandel.
- Grundberg, M.; Hegardt, J. et al. (2015). Ett museum måste irritera. Estocolmo. Historiska museet. ISBN 9789189176577