Saltar ao contido

Roliño de primavera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roliños de primavera

O roliño de primavera[1] (en chinés: 春卷, pinyin: chūn juǎn, jyutping: ceon1 gyun2), é un rolo elaborado dunha pasta rechea de diferentes verduras picadas ó estilo xuliana e algo de carne picada revolta. Introducidos en Occidente grazas á enorme difusión da comida chinesa que realizaron os restaurantes chineses nas principais capitais do mundo. Confundiuse xeralmente en Occidente co rolo de ovo que se elabora dunha pasta moito máis fina e que adoita ser moito máis grande e por tanto posúe máis ingredientes no seu interior. O roliño de primavera ten unha pasta (que fai a función de envoltorio) elaborada con fariña de arroz, estilo vietnamita e tailandés, mentres que o rolo de ovo faise cunha masa elaborada de fariña de trigo e ovo. Na China, utilízase só fariña de trigo. Hai que destacar que é esta a que máis se coñece, que se fai a man sobre un ferro quente dende o seu inicio.

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]