Rebecca Chiu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1978 (46 anos) Hong Kong, República Popular da China |
Educación | Chinese University (pt) Jockey Club Ti-I College (en) |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Participou en | |
2010 | Jogos Asiáticos de 2010 (pt) |
2006 | Jogos Asiáticos de 2006 (pt) |
2002 | Jogos Asiáticos de 2002 (pt) |
decembro de 1998 | Jogos Asiáticos de 1998 (pt) |
Premios | |
|
Chiu Wing Yin Rebecca, nada en Hong Kong o 24 de novembro de 1978 e coñecida como Rebecca Chiu, é unha ex-xogadora profesional de squash de Hong Kong que chegou ao posto 13º da clasificación mundial en outubro de 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chiu comezou a practicar squash con nove anos na escola primaria e logo entrou no Instituto de Deportes de Hong Kong e con doce anos entrou no equipo de Hong Kong[1]. Graduouse no departamento de ciencias do deporte da Universidade Chinesa de Hong Kong no ano 2000.
Logrou o seu primeiro campionato de Campionato de Hong Kong en 1995 e de 1997 a 2008[2] foi a campioa indiscutible, ao ser a primeira en todos os campionatos nacionais. Disputou cinco finais do Campionato de Asia de Squash entre os anos 2000 e 2010 todos fronte a Nicol David, sen lograr batela. Pola contra, formou parte dos equipos de Hong Kong que en 2000 e 2010 lograron o título do Campionato de Asia de Squash por equipos.
Foi medalla de prata nos Xogos Asiáticos de 1998 logo de perder contra Nicol David mais en 2002 logrou o desquite ao vencer á malaisiana para se facer coa medalla de ouro. En 2006 enfrontáronse de novo Nicol e Chiu na final dos Asiáticos e desta volta o ouro foi para Nicol e a prata para Chiu. Nos Asiáticos de 2010 Chiu participou no equipo de Hong Kong que logrou a prata na competición por equipos.
En decembro de 2009 dirixiu o equipo de Hong Kong nos Xogos de Asia Oriental que arrasou na competición de squash con sete medallas e a propia Chiu logrou tres medallas de prata e unha de ouro[3].
Logo de se retirar da competición profesional principiou unha carreira como adestradora, recibiu premios nacionais como adestradora do ano[4] polo seu labor, e salientou o seu traballo co equipo feminino que logrou a medalla de ouro nos Xogos Asiáticos de 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "用汗水映照青春火花". Alumni. Universidade Chinesa de Hong Kong.
- ↑ "Hong Kong Champions". Hong Kong Squash.
- ↑ "趙詠賢轉型做兼職選手". The Sun. 24 de novembro de 2010.
- ↑ "Rebecca Chiu was honoured “Coach of the Year Awards” at 2018 Jockey Club Hong Kong Coaching Awards". Hong Kong Squash. 24 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encontro (parcial) entre Nicol e Chiu no Campionato de Asia de 2010