Realia (tradución)
Aparencia
Os realia son palabras que denotan obxectos, conceptos e fenómenos culturalmente específicos que non poden ser traducidos a outras linguas ao faltar correspondencias precisas entre os seus léxicos. Trátase dunha palabra derivada do latín medieval que significaba na súa orixe as "cousas reais", en oposición ás abstractas.
Os tradutores búlgaros Sergej Vlahov e Sider Florin[1] foron os primeiros en abordar en profundidade o estudo dos realia, dándolle ó termo o seu sentido actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vlahov, S.; Florin, S. (2004). "Neperovodimoe v perevode. Realii". En Bruno Osimo. Manuale del Traduttore (2ª ed.). Hoepli.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|