Saltar ao contido

Ramón Villares Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Villares Vázquez
Biografía
Nacementoc. 1880 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1959 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Foz, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Foz
xullo de 1936 – outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata

Ramón Villares Vázquez, nado cara a 1880 e finado en Foz o 21 de abril de 1959, foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carabineiro, foi destinado á comandancia de Ribadeo en 1912.[1] Sarxento da comandancia de Lugo, foi promobido a suboficial en 1929.[2] Alférez de Carabineiros destinado forzoso en Ribadeo, residía en Foz en decembro de 1931 cando o destinaron á sección de Colonia de Campos en Baleares.[3] Despois pasou á Comandancia de Sevilla e participou na Sanjurjada.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Foz. Cesou no cargo en outubro. Foi nomeado delegado militar de Foz en abril de 1939,[5] e fiscal de Foz en agosto dese ano.[6] Nos anos corenta foi patrón maior da Cofraría de Foz. Finou en Foz o 21 de abril de 1959 con 78 anos.[7][8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Cabaleiro da Real Orde de San Hermenexildo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carolina Piñeiro Valcárcel e foi pai de Rita, Marina, María, Carolina, José e Lucía Villares Piñeiro.

  1. El Regional, 1-10-1912, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 25-9-1929, p. 2.
  3. Las Riberas del Eo, 12-12-1931, p. 8.
  4. La absorción del cuerpo de Carabineros (XLV)
  5. El Pueblo Gallego, 8-4-1939, p. 7.
  6. El Correo Gallego, 2-8-1939, p. 3.
  7. Necrolóxica en El Progreso, 22-4-1959, p. 5.
  8. El Progreso, 24-4-1959, p. 5.


Predecesor:
Francisco Fuente Riego
 
Alcalde de Foz
 
1936
Sucesor:
José García Casarello