Ramón Díaz Freijo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1848 Viveiro, España |
Morte | 22 de maio de 1924 (75/76 anos) Viveiro, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político, xornalista |
Ramón Díaz Freijo, nado en Viveiro en 1848 e finado na mesma vila o 22 de maio de 1924, foi un médico, político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou estudos relixiosos, pero abandonounos para dedicarse á medicina. Activista revolucionario nos seus tempos mozos. Foi presidente do Comité Republicano de Viveiro, patrón do Colexio Insigne e director de Sanidade do Porto de Viveiro. Dirixiu o semanario El Vivariense na súa segunda etapa. Foi concelleiro de Viveiro.
Coñecido como "Pai dos pobres", pois atendía aos enfermos gratuitamente e, en ocasións, contribuía á compra de medicamentos e alimentos. Cos seus bens constituíuse en 1931 a Fundación Ramón Díaz Freijo onde atendían a doce pobres durante os meses de inverno. Os seus amigos erixiron un monumento na súa memoria en 1934.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A.Lage-Seara (2022) "Reloj de un conservador a un republicano. De Bartolomé Basanta a Ramón Diaz Freijo". Mundiario.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). Deputación Provincial, ed. A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo. pp. 261–262. ISBN 84-8192-110-6.