Ramón González-Babé Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón González-Babé Castro
Nome completoRamón González-Babé y Castro
Nacemento1905
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento12 de febreiro de 1984
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, avogado e empresario
editar datos en Wikidata ]

Ramón González-Babé Castro, nado en Madrid en 1905 e finado en Vigo o 12 de febreiro de 1984,[1] foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro en Vigo e deputado provincial, foi procurador nas Cortes Españolas representante dos concellos da provincia de Pontevedra durante a primeira lexislatura do período franquista (1943-1946). Foi presidente dunha empresa concesionaria do transporte de Campsa e levaba unha axencia de seguros; foi vicepresidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Vigo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Ozores Arraiz, e foi pai de Ramón González-Babé Ozores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-2-1984, p. 25

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]