Saltar ao contido

Programa Eutanasia T-4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O programa Eutanasia T-4 ou Tiergartenstrasse 4 foi o nome que recibiu o programa euxenésico posto en marcha polas autoridades da Alemaña nazi para forzar a realización de esterilizacións e a aplicación da eutanasia ós alemáns que sufrían defectos de nacenza. Estímase nunhas 200.000 persoas as que morreron por causa deste programa.

Características

[editar | editar a fonte]

O programa foi establecido por orde de Adolf Hitler, funcionou baixo autoridade do xefe da chancelería Philip Bouhler e o doutor Karl Brandt e dirixírono Werner Heyde e Paul Nitsche. O nome T-4 derivou do enderezo postal das oficinas do programa en Berlín.

O propósito do programa consistía en baixar os custos en asistencia matando sistematicamente e institucionalmente á vez que se preservaba a calidade xenética da poboación alemá esterilizando a xente con deformidades físicas, discapacidades ou enfermidades mentais. Os nenos que estaban nestas situacións víronse separados das súas familias e levados a hospitais especiais. O programa ampliouse máis adiante para incluír adultos, aínda que a maioría dos adultos con problemas estaban xa obrigado á esterilización como resultado da lei para a prevención de enfermidades hereditarias.