Presidencia da Xunta de Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Presidenta da Xunta de Andalucía»)

A Presidencia da Xunta de Andalucía é, segundo o seu Estatuto de Autonomía, o cargo ocupado pola persoa que preside a Xunta de Andalucía, cuxa actividade dirixe, coordina a Administración da comunidade autónoma, designa e separa os conselleiros e ostenta a suprema representación de Andalucía e a ordinaria do Estado na comunidade. Elíxese polo Parlamento de Andalucía entre os seus membros e é nomeado polo Rei de España.

Lista de presidentas e presidentes[editar | editar a fonte]

O primeiro titular foi Rafael Escuredo Rodríguez. Antes de 1982, os presidentes da primeira (1978-1979) e segunda (1979-1982) Xunta preautonómica foron Plácido Fernández Viagas e o propio Rafael Escudero, respectivamente, ambos os dous do PSOE.

Bandeira de Andalucía  Lista de Presidentas e Presidentes da Xunta de Andalucía dende 1982  
Período Presidenta/e Partido Observacións
Nome Imaxe
1982-1984 Rafael Escuredo Rodríguez
PSOE I Lexislatura - Dimite o 17 de febreiro de 1984
1984-1986 José Rodríguez de la Borbolla
I Lexislatura
1986-1990 II Lexislatura
1990-1994 Manuel Chaves González
III Lexislatura
1994-1996 IV Lexislatura
1996-2000 V Lexislatura
2000-2004 VI Lexislatura
2004-2008 VII Lexislatura
2008-2009 VIII Lexislatura - Dimite o 7 de abril de 2009
2009 Gaspar Zarrías Arévalo VIII Lexislatura - En funcións
2009-2012 José Antonio Griñán Martínez
VIII Lexislatura
2012-2013

(Dimite o 27 de agosto de 2013)

IX Lexislatura
2013-2015 Susana Díaz Pacheco
2015-2019 PSOE X Lexislatura


2019-Presente Juan Manuel Moreno Bonilla
PP XI Lexislatura
Fonte: Xunta de Andalucía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]