Praia da Madalena
Praia da Madalena | |
---|---|
Praia da Madalena, Cabanas. | |
Características xerais | |
Localización | Cabanas |
Lonxitude | 1 km |
Largo medio | 50 m |
Grao de ocupación | Alta |
Grao de urbanización | Moito |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Tipo de praia | Urbana |
Tipo de area | Fina e branca |
Condicións do baño | |
Zona de fondeo | Admítese |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | Peonil |
Sinalización do acceso |
A praia da Madalena é un areal situado no concello de Cabanas no peche á ría de Ares limitando co concello de Pontedeume, na desembocadura do río Eume.
O areal de area branca e fina forma xunto co río Eume e o piñeiral un espazo natural no fondo da ría de Ares. A praia non ten Bandeira Azul, pero si tódolos servizos nun paseo peonil. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Sendo unha praia urbana de moi alta ocupación pola súa proximidade a Pontedeume.
Dende os anos sesenta sufriu unha grande presión urbanística e de crecemento descontrolado habendo vivendas de todo tipo pola zona. Desde casas unifamiliares a edificios de apartamentos e vivendas residenciais. Dende inicios do século XX o concello de Cabanas tentou poñer orde na zona prohibindo o acceso de vehículos ao monte de piñeiros da praia e limitando o acceso ao mesmo. Construíuse un paseo peonil pola estrada que bordea os piñeiros. Na propia praia existen locais de hostalería e un club náutico. Instalacións para a práctica de deportes de vela e fondeadoiro de embarcacións. Na praia hai un campo de fútbol. Como accesos á praia hai ligazón directa á autoestrada AP-9 e a estación de Cabanas está preto.
Imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da praia da Madalena.