Inaugurouse no ano 2001 e foi a primeira ponte en ser construída sobre o río Mekong en Camboxa.[1] A construción da ponte foi financiada por 56 millóns de dólares do goberno xaponés. Con 1500 metros, foi a ponte máis longa de Camboxa até a construción da ponte Koh Kong, unha ponte tai-camboxana de 1900 metros de longo construído na cidade de Koh Kong en 2002.[2] A ponte Kizuna conecta o leste e o oeste do país por estrada por vez primeira na historia. A construción da ponte comezou en 1999 e levou tres anos rematala. Estímase que unhas 10000 persoas asistiron á cerimonia de inauguración.[3]
↑Streeby, Richard (9 de decembro de 2001). "First Bridge over Mekong". The Salt Lake Tribune. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2009.