Pompeyo Beltrán Camús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pompeyo Beltrán Camús
Pompeyo Beltrán Camús.jpg
Nacementoséculo XIX
 Cáceres
Falecemento1919
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncatedrático de ensino secundario
editar datos en Wikidata ]

Pompeyo Beltrán Camús, nado en Cáceres e finado en Valladolid en 1919[1], foi catedrático de Agricultura e director do IES Otero Pedrayo de Ourense.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Farmacia na Universidade de Madrid, licenciándose en 1873.[2] En 1878 decidiu adicarse á docencia e deu clases de Aritmética e Álxebra, Historia Natural e Agricultura en Plasencia.[2] Tras opositar[3], en 1891, obtivo a cátedra de Agricultura no Instituto de Ourense, sendo tamén nese ano profesor de Física e Química da Escola de Artes e Oficios Provincial.[2]

No ano 1910 foi nomeado director do Instituto, posto no que estaría ata o ano 1913.[2] Despois dunha breve enfermidade, faleceu no ano 1915.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa memoria, a parte posterior do Instituto chámase Pompeo, xa que alí foi onde tivo o seu campo de traballo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Tratado elemental de industrias (1895)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Otero Pedrayo, R. (2007): Cartas á nai 1905-1950. Páx. 285.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Pompeyo Beltran Camús na web Orense no tempo
  3. Boletín Oficial de la Provincia de Madrid nº 101, 28 de abril de 1891, páx. 7.